FOTOGRAFÍAS PORRIÑESAS PARA O RECORDO
Fonte: Páxina web e arquivo fotográfico
Concello de Salceda de caselas.
A Orquestra Sur de Salceda de Caselas fomouse a principios dos anos 50 dos século pasado e deixa de existir no ano 1972.
Amenizaron verbenas, festas de verán e salas de baile no inverno. A diversión dos domingos da xente moza nos anos sesenta era botar uns bailes no Salón La Estrella de Salceda de Caselas ó ritmo da Orquestra Sur.
Un par de pezas de éxito do grupo, foron o bolero “Contigo o sin ti” e versión de "La mamá", de Charles Aznavour.
Algúns músicos que pasaron pola orquestra: Rogelio Ojea (saxo), Santiago Rodríguez (saxo), Agustín Rodríguez (trompeta), José Acuña (trompeta), Nelson González (voz), José Valenzuela (trompeta), Lino Duarte (voz), Justo González (percusión), Manuel Domínguez (contrabajo), Manuel Rocha (voz), Faustino González (teclados), Jesús Pedreira (voz), Miguel Martínez (voz) e Julio Bargiela (acordeón).
Nos anos 2018 e 2019, unha das actuacións eselares no programa de festas patronais de Salceda de Caselas foi a actuación da Orquestra Sur, onde os alumnos e profesores da Escola de Música de Salceda convertíanse na desaparecida orquestra, lucindo un vestuario que semellada a mesma e interpretaba algunhas pezas do repertorio que tiveron durante a súa existencia.