FOTOGRAFÍAS PORRIÑESAS PARA O RECORDO
Nos anos trinta do século pasado algunha xuventude de Budiño divertíase nunha sala de baile que había frente ó Grupo Escolar de Budiño-Cruz. A casa que aparece na parte esquerda da fotografía, pertencía a unha persoa que se apodaba o Broucas. Non se dispón de máis información sobre esta actividade de lecer.
O local foi vendida a finais dos anos 40 para ser adicado a Bar-Ultramarinos, Bar-Regueiro. A principios deste século a casa foi derrubada polo seu propietario.
Na fotografía dabaixo a imaxe do Bar Regueiro pouco antes de ser derrubado