FOTOGRAFÍAS PORRIÑESAS PARA O RECORDO
A mediados dos anos sesenta, chegou ó Bar Regueiro en Budiño, un escultor vasco preguntando pola canteira do grupo escolar de Budiño. A información que traía éra dun granito moi especial, moi clariño e dunha dureza e densidade especial para facer pezas de formas complicadas e fráxiles. Certamente, na zona Oeste do grupo escolar existíu unha canteira de granito que tiña mostras moi evidentes de estar activa en décadas pasadas, pero en estado de abandono. A canteira fora pechada precisamente pola dificultade de extraer o granito tan duro que contiña, debido a súa dureza e a falta de ferramentas especiais nesa época. Alí estiveron durante unhas semanas facendo probas do material, ata que chegou un grupo de traballadores con ferramentas e maquinaria moderna, para aquela época, para comezar a traballar.
Según dicía o escultor, as pezas que estaban a fabricar era un contrato do goberno USA para realizar unha serie de pezas para construír un monumento ó presidente asasinado dos Estados Unidos de América, J.F. Kennedy en Dallas (Texas). Ó principio o ritmo de traballo era o normal de calquera empresa para esa época,10-11-12 horas diarias, pero a medida que ía pasando o tempo foron aumentando as horas de traballo diario ata que a premura de tempo levou a traballar as 24 horas do día, para poder cumplir os plazos de entrega.
A carga e o transporte ata o porto de Vigo das cinco pezas contruídas foi todo un espectáculo, dados os medios e ferramentas existentes nesa época e a fraxilidade dos elementos que formaban cada unha das pezas.
A pesar das búsquedas que se fixeron en internet, non se pudo localizar a ubicación das pezas, e o máximo que atopamos foi: John F. Kennedy Memorial, Market Street/Commerce Street, Dallas, Texas, contruído en granito a finais dos sesenta.