FOTOGRAFÍAS PORRIÑESAS PARA O RECORDO
Fonte: Revista o Tranvía, nº 3
D. Luís Carregal
Dña. Carmen Palacio
D. Manuel Vila
ESCUELA UNITARIA DE BUDIÑO
A inicios dos anos 30 chegou á escola unitaria de Budiño un mestre chamada Don Luis Carregal Peón, que traía debaixo do brazo unha chea de iniciativas para os nenos da escola. Puxo mans á obra creando o que lle chamou Cooperativa Rural Escolar Anexa á Escola Nacional de Nenos; CREANN.
Os nenos acudían a escola tódolos días para aprender as primeiras letras e, paralelamente, o mestre ensináballes a podar un árbore, a plantar unha hortaliza ou quedaban admirados ante o proceso biolóxico que se producía nunha incubadora para que fose posible a transformación dun hovo nun pito.
A CREANN de Don Luís desenvolvía nos nenos un sentimento de solidariedade humana. un alto sentido da convivencia e unha clara noción do esforzo conxunto.
A mediados desa década, as asociacións Unión Agraria Parroquias Unidas del Distrito de Porriño; Hijos de San Salvador de Budiño; Residentes de Budiño en Buenos Aires e a Sociedade de Fomento de Porriño y su Distrito, todas elas integradas por emigrantes do Concello do Porriño en Buenos Aires, organizaron para o 26 de outubro de 1935 un festival para recaudar fondos en beneficio da CREANN. Do festival recaudáronse 2500 pesetas que se destinaron á compra dunha bomba mecánica de rego e a construcción dun tanque e 4x6x1 metros, destinados á mellora do regadío da CREANN. O tanque foi derruído a mediados da década dos sesenta, o pozo e a bomba aínda existían a finais dos setenta. O pozo foi aterrado cando se construíu o novo colexio público de Budiño-Cruz.
Os nenos que foron seus alumnos e vivían a finais do século pasado, dicían que nesa época tiveron un bo mestre. Lembraban que unha vez foi levado preso, e os rapaces da escola, capitaneados pola chica Bravo, marcharon todos ó concello, e alí manifestaron: " Ou Don Luís ven con nos para a casa ou senón nos de aquí non saímos" Ó final soltaron ó mestre e trouxérono a ombros ata a saída do Porriño.
No 1936 Don Luis foi preso e logo destinado a escolas de Soria, Lugo, Tui e Pontevedra. Foi substituído en Budiño por Manuel Caramés que botou por terra todo o traballo realizado por Don Luís. Lgo foron mestes na parrquia Juan de Audosia de Salceda de Caselas e Francisco Lemos, veciño de Budiño. Logo chegou Doña Carmen Palacio que botou un noivo na parroquia, Don Manuel Vila, ó que preparou para que finalmente fose o mestre da escola dos nenos. Cando se xubilou Doña Carmen, comezaron as concentracións de escolas e nesta escola so quedaron os nenos de primaria, que tiveron de mestra a Doña Lola. A mediados dos setenta xa se construíu o novo colexio Budiño-Cruz, no mesmo terreno e a escola unitaria quedou para os nenos de infantil, de 4 a 6 anos.
Na actualidade, o edificio orixinal consérvase moi ben e utilízase como comedor dos nenos do novo colexio.
Máis información sobre este tema na Revista O Tranvía, Nº 3.
Doña Carmen con alumnas a principios dos sesenta
Pergamino de recoñecemento a Don Luis