FOTOGRAFÍAS PORRIÑESAS PARA O RECORDO
Fonte: Litografía Vidal, Barcelona
CAMPO DA FEIRA
Zona situada na rúa Domingo Bueno, ó lado do cemiterio
municipal do Porriño.
Na actualidade é popularmente coñecido como parque do Campo da Feira.
Como o seu nome indica, este parque foi utilizado, na primeira
mitade do século pasado, como lugar de compra e venta de
animais e outros productos para as zonas que limitaban con
O Porriño. Este mercadeo coñecíase como feira do Porriño,
e celebrábase tódolos días 1 e 16 de cada mes.
Estaba constituida por unha frondosa arboreda, formada
fundamentalmente por acacias (espiños) e carballos.
No centro do Campo había unha fonte con dous caños que vertían auga de
forma continuada sobre un estanque de pedra en forma circular.
O estado actual non ten nada que ver coa fotografía adxunta. Os
árbores foron talados a mediados dos anos sesenta, as edificacións
colindantes coméronlle bastante terreno e a estrada O Porriño-Tui
cortouno pola mitade reducindo sensiblemente a súa extensión.
Hoxe, o terreno contén unha pista deportiva de cemento, moi
pouco utilizada, o templete de Antonio Palacios que servía de entrada
para o ascensor do metro na Porta do Sol en Madrid e algún dos árbores
de última xeneración que están sustituindo ós arbores nobeis dos
antiguos parques.
Volve á páxina de inicio