Fonte: "O TranVía", Revista do Val da Louriña.
Nº 2, 1992
Crónicas gráficas de Budiño, 2000.
SOCIEDAD SINDICATO LA PROGRESIVA (S.S.P.)
Esta fotografía corresponde á cooperativa agraria
Sociedad Sindicato la Progresiva (S.S.P.), da parroquia
de Budiño, cuio edificio ainda existe na actualidade.
Fundouse aproximadamento no ano 1930, nun local que se construiu no
punto kilométrico 3.0 da antiga estrada Atios-Salceda de Caselas. O
terreno foi cedido por tres veciños da parroquia, José Rodríguez (do
Guerras), Domingo de Peteno e Costantino Fernández. A construción do
edificio foi costeada por dúas sociedades de emigrantes de Budiño na
Arxentina: "Hijos de San Salvador de Budiño en Buenos Aires" e
"Residentes de Budiño en Buenos Aires", e co esforzo dos socios
iniciais da sociedade. O edificio da S.S.P. foi vendido no ano 1976 polo antiguo
sindicato vertical a un particular, e na actualidade é coñecido como "Bar La
Juventud".
Entre os socios da S.S.P. había consenso sobre o proxecto da
coopeativa, pero na parroquia existía outro grupo organizado,
coñecido como
"a contra", que quería formar outra sociedade, pero tiña poucos apoios.
Os veciños da S.S.P. eran maioritariamente de esquerdas e os da
contra maioritariamente de dereitas.
Co inicio da guerra civil, os dirixentes da S.S.P. foron perseguidos,
fundamentalmente por parte dos da contra, que foron os primeiros en
botar man do edificio. Finalmente, foi Don Marcial Peralba quen botou man de
todo o mobiliario e material que tiña a sociedade.
Durante bastantes anos, e ata a privatización do local, este foi
utilizado por un veciño pa parroquia para usos particulares. Os socios entendían isto como
unha usurpación, pero non podían facer nada. A xente
tiño moito medo, expresaban algúns cooperativistas.
A finais dos anos sesenta houbo un intento de relanzamento do
asociacionismo agrario e realizáronse algunhas actividades dentro do
local, pero sempre co visto e prace do servicio de Extensión Agraria.
As inquietudes agrarias terminaron coa venta a un particular do local
da sociedade, actualmente "Bar la Juventud". A venda foi realizada
polo sindicato vertical (amarelo). Este pediulle as chaves ó
presidente, nese momento Antonio do Moráis, e de forma oscura realizou
a venda a un veciño da parroquia. Outros veciños tamén tiñan interés
na compra do local, pero recibiron un toque dos caciques para que non
se meteran no asunto. Naquel momento os veciños quedaron quietos.
Ainda tiñan moito medo.
Esperemos que algún día o local sexa devolto ós seus lexítimos donos:
os veciños de Budiño.